Noso viño.

O que se pretende son pequenas cantidades de produto pero potentemente expresado. O viño Manuel Rojo foxe de grandes producións e extensións de terreo apostando máis por unha produción reducida na que prima a calidade sobre a cantidade. É a busca da exaltación do padal e os sentidos a través do viño.

Manuel Rojo é o nome deste selecto viño, trátase dun viño de autor, de elaboración artesá con embotellado tardío selectivo, que respecta a clarificación e o filtrado, proceso realizado a base de trasfegas.
Poden aparecer precipitacións naturais cristalinas ou pousos debido a estes procesos de elaboración absolutamente naturais. Elaborar este viño é sen dúbida unha obra de arte. As nosas viñas con cultivo en espaldera son unha delicia para a vista situadas nun fermoso ámbito no val do Baixo Arnoia.
Contamos con case unha hectárea de terreo nas que mimamos como a un tesouro nosas cepas centenarias, baixo rigorosos controis de calidade, análise de terras e produción da cepa, xa grazas a elas podemos traballar cunha excelente materia prima.


 

© Adega Manuel Rojo S.L. Chaos - Arnoia - Ourense - España Tlf.: 627 908 125
Diseño Asesority Consultores