Instalacions.

Dispoñemos de dúas plantas: na planta baixa atópanse tres módulos: módulo un de vendima, módulo dous de embotellado e almacén e módulo tres zona de vinificación.

Na planta superior atopa un salón comedor con cociña totalmente equipada para as nosas visitas e reunións, sala de catas, aseos e unha ampla terraza con estupendas vistas a viñedos e ó Río Arnoia onde o visitante terá a ocasión de saborear, en compañía dos seus, os mellores caldos así como coñece-lo seu proceso de elaboración, xunto coa
posibilidade de encargar un catering, unha visita guiada e unha cata comentada de forma conxunta.

Aquelas persoas interesadas en coñece-las nosas instalacións así como os viñedos ou calquera outra actividade poden poñerse en contacto connosco nos teléfonos e direccións de contacto.


Viñedos Adegas Manuel Rojo.

© Adega Manuel Rojo S.L. Chaos - Arnoia - Ourense - España Tlf.: 627 908 125
Diseño Asesority Consultores