Historia.
Adega Manuel Rojo fundouse no ano 2003, ano no que entrou a formar parte da Denominación de Orixe Ribeiro, aínda que a tradición de viticultores e bodegueiros se remonta ós anos cincuenta cando os pais do actual propietario elaboraban o seu propio viño que logo comercializaban en zonas como a cidade de Vigo.

Esta familia envorcou toda a súa paixón na elaboración dos seus viños, produto do esmero, a atención e o saber transmitido ó longo de varias xeracións elaborando os nosos viños seguindo un coidadoso proceso de selección da uva. As modernas técnicas de vinificación permítennos controla-los procesos de fermentación, e a evolución posterior é seguida de preto por periódicos controis de cata.

Ubicación.
Adega Manuel Rojo está situada en pleno corazón do Ribeiro a escasos quilómetros de Ribadavia, capital do Ribeiro, na localidade ourensana de Arnoia, xunto ó Río Arnoia na súa desembocadura no Río Miño. Atopándose nun enclave privilexiado onde se dan a man a cultura e o ocio, a escasos metros atópase o Balneario de Arnoia, nunha paisaxe natural de inigualable beleza.

 

© Adega Manuel Rojo S.L. Chaos - Arnoia - Ourense - España Tlf.: 627 908 125
Diseño Asesority Consultores